top of page

sobre min

CARME RODRÍGUEZ   |  compositora e orquestradora

Ribadeo, Lugo (1996)

  

   Carme Rodríguez medrou nun ambiente musical dende o que comeza os seus estudos. É compositora, orquestradora e arranxista.

​​​​

   Gradúase con Matrículas de Honra no Grao en Composición de Músicas Contemporáneas na Escuela Universitaria de Artes e Espectáculos TAI de Madrid, en 2018. Ofrece diversas masterclass, especialmente sobre bandas sonoras, en seminarios e universidades. Ademais, dirixe o Festival de Cine Curto de Ribadeo dende a súa primeira edición en 2022.

​

   Compón bandas sonoras para series e longametraxes, documentais e de ficción, e para curtametraxes distribuídas en festivais nacionais e internacionais.

​

   Cun pé en Galicia e outro en Madrid, compaxina actualmente o seu traballo como compositora co de arranxista e orquestradora, para proxectos propios de concerto, cine, teatro e televisión, e tamén nos equipos doutros compositores.

​​

   Recibiu encargas do INAEM, a Orquesta y Coro Nacionales de España (Ciclo Satélites), o Gran Teatre del Liceu, a Real Filharmonía de Galicia, o Consello da Cultura Galega ou a Orquesta Sinfónica de Galicia. As súas obras e orquestacións foron interpretadas, ademais, por orquestas coma a OSCYL; conxuntos como Sonor Ensemble, Zoar Ensemble ou Grupo Instrumental Siglo XX, ou solistas como Noè Rodrigo ou Isabel Dobarro (no álbum Kaleidoscope do selo Naxos USA, gañador do Grammy Latino 2025).

​

   Acumula decenas de premios e recoñecementos, entre eles, o Concurso CreaClásica (2019) e o Concurso Internacional de Composición “María de Pablos” (II e III edición, 2019 e 2020).

​

   A experiencia na composición de música moderna, contemporánea e para medios audiovisuais, así como o dominio da orquestración, axudan a crear unha grande versatilidade na obra de Carme Rodríguez, que aporta texturas harmónicas detallistas, sen perder de vista a emoción como eixe vertebrador dunha música ecléctica, entre o pasado e o presente, na que permanentemente conviven a composición contemporánea e a música de cinema.

bottom of page